Pasar al contenido principal

Aberta a inscrición no workshop sobre consumo e produción sustentable organizado pola Rede Igsea na Facultade de ADE

A Rede de Investigación para a Xestión Sustentable da Empresa Agroalimentaria (Igsea), creada no campus de Lugo da USC co obxectivo de impulsar un modelo de xestión empresarial sustentable, a través da creación de liñas de colaboración en canto a transferencia e xestión do coñecemento, vén de abrir o período de inscrición para participar no I Workshop Internacional sobre Consumo e Produción Sustentable.

Este foro de debate científico está aberto á participación de profesores e investigadores, ademais do estudantado interesado nesta temática e as distintas sesións previstas, nas que participarán científicos de recoñecido prestixio, desenvolveranse os días 17 e 18 de marzo na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo. As persoas interesadas en participar nas distintas sesións de debate programadas no marco deste workshop, e a través das que se pretende contribuír a crear e divulgar coñecemento sobre modelos de consumo e produción sustentable desde unha perspectiva multidisciplinar, poden formalizar a súa inscrición de balde na páxina web www.igsea.net.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2015.