Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de matrícula para dous novos cursos do Módulo Jean Monnet sobre dereito privado e goberno corporativo e responsabilidade social

O Centro de Responsabilidade Social das Empresas, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC (CERGI) mantén aberto ata o 27 de febreiro o prazo de matrícula para os cursos de libre configuración do segundo cuadrimestre ‘Integración Europea e Dereito Privado‘ e ‘Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas’ do Módulo Jean Monnet. A décimo segunda edición do curso sobre dereito privado, desenvolverase entre os días 17 e 25 de marzo, mentres que o dedicado a goberno corporativo e responsabilidade social celebrarase entre os días 22 ao 30 de abril, en ambos os dous casos na Facultade de Dereito en horario de tarde. Neste dous cursos están convocados/as especialistas das universidade de Valladolid, León, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, do Instituto Galego de Consumo e do Consello Galego da Competencia. Nesta edición tocaranse cuestións relacionadas coas accións a favor do consumidor de produtos e servizos financeiros, fiscalidade e consumidores, semellanzas e diferenzas entre consumidores e usuarios, prácticas comerciais desleais cos consumidores, o crédito ao consumo, sociedades mercantís, a responsabilidade social empresarial ou sobre bo goberno e fundacións. Tamén está programado un taller sobre financiamento europea para pequenas e medianas empresas, que se celebrará de xeito independente a dous cursos e a modo de complemento para o alumnado que se matricule neles e desexen asistir. Os programas pódense consultar na web www.usc.es/crgi e pódese acadar máis información no correo electrónico cergi [at] usc.es (cergi[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.02.2015.