Pasar al contenido principal

O reitor da USC preside este venres a entrega do XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural na Facultade de Veterinaria

O presidente da D.O.P. Queixo San Simón da Costa, Daniel Pérez, recollerá o galardón, dotado con 10.000 euros, nun acto no que participará o presidente de Aresa e a conselleira de Medio Rural

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, presidirá este venres, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, a cerimonia de entrega do XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón dotado con 10.000 euros en metálico e que nesta ocasión recaeu na Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón da Costa.

O presidente de da D.O.P., Daniel Pérez Pérez, recollerá o galardón de mans do presidente do grupo de subministros agrogandeiros Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, no transcurso dunha cerimonia durante a que Màrius Rubiralta Alcañiz, director do Campus da Alimentación de Torribera, da Universidade de Barcelona, e que foi membro do xurado do Premio desta edición ofrecerá a conferencia ‘Desenvolvemento territorial e cohesión social a través do coñecemento agroalimentario e gastronómico’. A entrega do XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural congregará este venres na Facultade de Veterinaria de Lugo un nutrido grupo de representantes políticos, entres os que se agarda a presenza da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. O alcalde de Lugo, José López Orozco tamén asistirá ao acto, no que tamén participarán outros representantes e cargos políticos locais, provinciais e autonómicos, ademais de clientes e provedores do grupo empresarial Aresa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.02.2015.