Pasar al contenido principal

A obra teatral ‘Falando claro’ reconstruirá no Paraninfo da Universidade a vida aventureira de Claro José Sendón Lamela

O grupo Histagra, xunto co escritor, músico e tradutor Pepe Sendón, promoven a obra de teatro ‘Falando Claro’ unha reconstrución da vida aventureira de Claro José Sendón Lamela (Louro, Muros 1897- Nova York 1937), “ un personaxe único, orador de recoñecida valía, organizador incansable e posuidor dunhas persoais dotes xornalísticas”. A través dos textos do propio Sendón, ‘Falando claro’ propón un percorrido pola Semana Tráxica arxentina, os anos 20 neoiorquinos, polo Crack do 29 e a posterior depresión, polos primeiros días da República, por episodios do anarquismo galego, os días previos á sublevación militar e pola Guerra Civil española. A presentación terá lugar o venres 27 a partir das 12.00 horas no Paraninfo da Universidade da Facultade de Xeografía e Historia con entrada libre ata completar o aforo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.02.2015.