Pasar al contenido principal

Debaten na USC sobre o espazo telepresencial nas artes performativas

Debaten na USC sobre o espazo telepresencial nas artes performativas
Debaten na USC sobre o espazo telepresencial nas artes performativas

Responsables de Alg-a Laboratório, KònicLab e Laboratorio de Luz participaron este venres na USC nun seminario sobre a relación entre as artes performativas e as novas tecnoloxías. A xornada enmárcase no proxecto Herm3tica de investigación en artes escénicas e visuais que, promovido por Alg-A Laboratorio e outras entidades, reformula coas TIC o concepto ‘hermética’ nun espazo no que o pechado fisicamente muda a aberto mediante o uso de cámaras, sensores e a posibilidade de telepresenza. Investigan así, entre outras cuestións, o achegamento a novos públicos e a mellora de ferramentas tecnolóxicas destinadas a profesionalizar o sector. En Herm3tica colaborou a Universidade de Santiago, sendo un dos escenarios escollidos para o proxecto que dende este mércores retransmitiu en streaming dende a Facultade de Ciencias da Comunicación coa participación activa do Espazo de Danza da USC e a co organización da Fundación CEER. Na acción ‘Tar0t Esquizoan4alisis’, que se puido seguir en tempo real, as cartas do tarot se converten en escenas descritas por dispositivos tecnolóxicos e a súa interactividade, de maneira que se crean contornas que afectan a (s) subxectividade(s) igual que o fai cada carta. O proxecto remata este venres 20 pola tarde coa performance final na que os artistas de Compostela (Espazo de Danza) e Valencia interaccionan dende as súas cidades nun mesmo espazo telecompartido a través de datos, imaxe e vídeo que se poderá seguir simultaneamente dende varios puntos de España (en Santiago dende o CGAC, o Kunsthalle e a Nave de Vidán).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.02.2015.