Pasar al contenido principal

Un seminario en Filoloxía estuda as escritoras contemporáneas nas Illas Británicas

Un seminario en Filoloxía estuda as escritoras contemporáneas nas Illas Británicas
Un seminario en Filoloxía estuda as escritoras contemporáneas nas Illas Británicas

Co título ‘ Women’ s Tales in Motion: Contemporary Writing in the British Isles’desenvolverase en Filoloxía entre os días 4 e 6 de marzo un seminario internacional no que participarán especialistas das universidades galegas, de Londres, American of Paris e Almería. O seminario ten como eixes dous proxectos nacionais de investigación sobre muller e literatura do departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC: ‘Ex-sistere: A mobilidade das mulleres nas literaturas galega e irlandesa contemporáneas’que coordina Manuela Palacios e ‘Contos de mulleres: A narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas’ coordinado por Laura Lojo e Jorge Sacido. Esta actividade, para a que se hai que inscribir previamente en iasec [at] usc.es (iasec[at]usc[dot]es), realízase en colaboración coas Universidades da Coruña e Vigo no marco da Rede Lingua e Literatura Inglesa II e na súa organización participan a facultade de Filoloxía, o departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá, o grupo de investigación da USC ‘Discurso e identidade’ e a Oficina de Igualdade de Xénero.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2015.