Pasar al contenido principal

A Fundación USC Deportiva organiza un obradoiro de técnicas de relaxación e control do estrés no campus de Lugo

A inscrición nesta actividade, que se desenvolverá o 27 de febreiro, está aberta na páxina web www.fundacionuscdeportiva.org

A Fundación USC Deportiva vén de abrir na súa web a inscrición no obradoiro de técnicas de relaxación e control do estrés que se celebrará no campus de Lugo o vindeiro 27 de febreiro.

Este obradoiro de técnicas de relaxación está aberto á participación de todas as persoas interesadas e será impartido polo profesor de tai chi, kung fu e meditación da Fundación USC Deportiva, Amancio Rial, e pola doutora en psicoloxía clínica de Xuntos, Atención Psicolóxica e Psiquiátrica, Patricia Otero. O obxectivo deste obradoiro é o de permitir que as persoas inscritas poidan coñecer cuestións relacionadas co estrés e coa ansiedade, ademais de iniciarse no traballo de dalgunhas estratexias destinadas a manexar o nivel de estrés excesivo, tales como o son as técnicas de relaxación e control dos pensamentos negativos. As persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse xa a través da páxina web www.fundacionuscdeportiva.org. O custe da matrícula é de 55 euros por persoa e as prazas ofertadas, que están limitadas a un máximo de 20 participantes, cubriranse por orde de inscrición. As sesións programadas no marco deste obradoiro desenvolveranse o 27 de febreiro, de 16.00 a 20.30 horas, na aula de actividades deportivas da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo. As persoas interesadas poden obter máis información ao respecto deste obradoiro na páxina web www.fundacionuscdeportiva.org.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.01.2015.