A Aula TIC-Pemes da USC abre a inscrición nunha nova edición dun obradoiro en liña sobre xestión de tendas virtuais
A Aula TIC-Pemes da USC mantén aberta a inscrición nunha nova edición do obradoiro en liña sobre xestión de tendas virtuais con Prestashop que comezará a desenvolverse a partir do día 20 de febreiro.
Esta activiade formativa que xa vai pola súa sétima edición ten un marcado carácter práctico e está dirixido a pemes, autónomos ou calquera outra persoa interesada na temática. O desenvolvemento do curso será totalmente en liña con materiais actualizados na última versión estable. As persoas interesadas en formalizar a súa matrícula neste curso ou precisen máis información sobre o mesmo poden formalizar xa a súa inscrición ou solicitar información a través do enderezo de correo electrónico atpemes [at] usc.es (atpemes[at]usc[dot]es). A matrícula tamén é posible se se cumplimenta este un formulario online. As prazas ofertadas para esta nova edición do obradoiro sobre xestión de tendas virtuais son limitadas e a Aula TIC-Pemes da USC está a sortear unha inscrición de balde no seu facebook. O curso, que se desenvolverá do 20 de febreiro ao 27 de marzo de 2015, presenta un programa formativo estruturado en 50 horas. O custe da matrícula é de 50 euros, aínda que os estudantes, titulados e ex alumnos/as da USC poderán beneficiarse dun desconto do 50% da matrícula.