‘Que aflore o soterrado: o Forte de San Cristóbal, baluarte da represión franquista’, no Colexio de Fonseca
As condicións de vida no considerado como o penal máis duro do franquismo conforman o contido da exposición ‘Que aflore o soterrado: o Forte de San Cristóbal, baluarte da represión franquista’, organizada polo Ateneo de Santiago e comisariada por Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, e Koldo Pla Larramendi, historiador e experto no Forte de San Cristóbal de Navarra.
A mostra inaugurase, o luns día 9, ás 19,30 horas, no Colexio de Fonseca, cun acto presidido polo reitor da Universidade , Juan Viaño, ao que asistirá tamén Salvador García-Bodaño, presidente da entidade organizadora.
Forma parte da exposición o chamado ‘Cementerio de las botellas’, pola forma en que, mediante papeis cos seus nomes introducidos en envases de vidro, os presos identificaban aos seus compañeiros falecidos. O máis sorprendente e descoñecido é a alta presenza de republicanos galegos (608), case todos condenados a cadea perpetua, dos cales 96 morreron no forte e foron soterrados en foxas común, algunha delas aínda por identificar.