Pasar al contenido principal

Debate en Filoloxía sobre a gheada, o seseo e os localismos no uso público

O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá este mércores 11 ás 19.00 horas un debate sobre o uso de localismos na fala. Participan nel o catedrático de Filoloxía Galega da USC e membro da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Regueira; o coordinador de lingüistas da CRTVG, Paulino Novo; a presentadora da Televisión de Galicia Lorena Pose; e o actor Federico Pérez. O debate ‘ Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público’ estará moderado polo xefe do Gabinete de Comunicación da USC, Luís Celeiro Álvarez, e da súa organización encárgase a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade presidida pola decana, María José López Couso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.02.2015.