Pasar al contenido principal

400 escolares de primaria e secundaria de toda Galicia participaron na segunda gala do Día da Radio

Á gala celebrada no Auditorio de Ciencias da Comunicación acudiron 400 escolares de toda Galicia. Foto: Servimav-USC
Á gala celebrada no Auditorio de Ciencias da Comunicación acudiron 400 escolares de toda Galicia. Foto: Servimav-USC

O proxecto campUSCulturae da USC celebrou este mércores 11 a segunda gala do Día da Radio que reuniu no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación 400 escolares de primaria e secundaria de toda Galicia que ao longo dunha hora e media participaron nun programa radiofónico en directo conducido por Paco Lodeiro e Carlos Jiménez. Durante esta festa da radio, que retransmitida en streaming por Radio campUSCulturae e por Ponte nas Ondas, houbo actuacións musicais en directo e conexións con distintas emisoras de España e Portugal ademais de poder escoitar fragmentos dos programas que chegaron á final do II Certame campUSCulturae de Radio Escolar realizados por alumnos da Escola Unitaria de Lago, de Valdoviño; do CEP Carlos Casares, de Salvaterra do Miño; e do IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas. Participaron tamén na festa como centros convidados o CEIP Vite I e o Colexio Divino Mestre, de Santiago de Compostela, e o CEIP Pino Manso de Porriño. O vicerreitor de Comunicación e Coordinación da USC, Xosé Pereira Fariña; o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa Estévez; o presidente de Ponte nas Ondas (entidade co-organizadora da gala e socia do proxecto campUSCulturae), Santiago Veloso; e o coordinador de campUSCulturae, Xosé A. Neira Cruz, participaron no acto inaugural da xornada. O programa radiofónico producido en directo en presenza dos escolares conducírono Paco Lodeiro e Carlos Jiménez. Foto: Servimav-USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.02.2015.