Darío Villanueva conversará sobre hábitos lectores con alumnado de máster da USC
O alumnado dos Másteres da Universidade de Santiago en Literatura Infantil e Xuvenil e en Ciencias da Familia manterán o luns 19 un encontro co profesor Darío Villanueva Prieto, director da Real Academia Española.
A xuntanza, na que se profundará na formación e desenvolvemento de hábitos lectores, terá lugar ás 19:00 horas no salón de actos da Facultade de Filosofía.