Finou Xulio Rodríguez López, profesor xubilado da USC
Xulio Rodríguez López, profesor de Didáctica e Organización Escolar, na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, xubilado dende 2011, faleceu, despois dunha longa enfermidade. A Universidade únese a dor dos seus familiares e amigos. O velorio está na sala 6 do tanatorio de Boisaca (Santiago) e mañá, domingo, ás 12 horas, está prevista a realización dun acto de despedida na capela do mesmo tanatorio.
Xulio Rodríguez López licenciouse en Filosofía e Letras, Sección de Pedagoxía, na Universidade Pontificia de Salamanca e diplomouse posteriormente en Psicoloxía pola mesma universidade e pola Complutense de Madrid en 1972. Máis tarde, en 1997, acada o título de doutor en Pedagoxía pola USC, institución á que xa estaba vinculado dende o ano 1973.
Na institución académica compostelá foi subdirector da Escola de Maxisterio, vicerreitor de Organización Académica e Titulacións; e vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación cos decanos Miguel Zabalza, Felipe Trillo e Lois Ferradás.