O presentador de Aquí la Tierra Jacob Petrus celebra coa USC o Día da Xeografía

O director do programa de TVE pronuncia unha conferencia o luns ás 17.00 horas
Como todos os anos, nas proximidades do Día Internacional da Terra (22 de abril) ten lugar na USC o Día da Xeografía. Nesta ocasión, o Departamento de Xeografía convidou a participar este luns 20 o xeógrafo Jacob Petrus, director e presentador do programa Aquí la Tierra que todos os días emite TVE 1 ás 20.30 horas. Petrus pronunciará ás 17.00 horas no Paraninfo da Universidade a conferencia ‘Un xeógrafo no mundo dos medios de comunicación’. Tras ela terá lugar una mesa redonda sobre as saídas profesionais da Xeografía.