Pasar al contenido principal

O presidente da Real Sociedade Española de Física pronuncia este xoves unha conferencia na USC

O presidente da Real Sociedade Española de Física (RSEF), José Adolfo de Azcárraga, pronunciará este xoves 16 unha conferencia na Aula Magna da Facultade de Física. No relatorio ‘ Física e matemáticas, unha unión frutífera’ explicará ás 12.30 horas a sorprendente eficacia das matemáticas na formulación das leis da física. Fará a súa análise dirixida a calquera clase de público e apoiándose en exemplos concretos e opinións dalgúns dos creadores que máis contribuíron ao seu progreso. José Adolfo de Azcárraga é profesor no Departamento de Física Teórica na Universidade de Valencia e investigador no IFIC, centro mixto co CSIC. Dende 2013 preside a RSEF, que en 2005 lle concedeu o Premio Especial do Ano xunto coa Real Sociedade Matemática e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía polo seu libro En torno a Einstein, su ciencia y su tiempo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.04.2015.