Pasar al contenido principal

Continúa aberta a inscrición gratuíta no Seminario Internacional sobre o Dereito á Educación

Participarán o educador nicaraguano Silvio Gutiérrez, participante nas Brigadas de Alfabetización do movemento sandinista na Nicaragua dos anos 80, e Cecilia Lazarte, educadora popular boliviana...

No marco da Campaña Mundial pola Educación, a Universidade de Santiago acollerá os días 21 e 22 de abril o Seminario Internacional polo Dereito á Educación ‘ A educación cambia o mundo. A participación cidadá na Axenda post-2015’ no que participarán axentes educativos galegos pero tamén de Nicaragua e Bolivia. O encontro, gratuíto e para o que é preciso cme-galicia [at] cme-espana.org (inscribirse previamente), desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) e nel intervirán o catedrático de Pedagoxía Social da USC José Antonio Caride, o educador nicaraguano especialista en Dereitos Humanos SilVio Gutiérrez e a educadora boliviana Cecilia Lazarte, especialista en xénero, que impartirán distintos relatorios sobre a Educación para Todos e Todas (EPT) ou o cambio de paradigma na nova Axenda post-2015. Ademais, para o día 21 está prevista unha sesión con diversas experiencias da capacidade transformadora da educación en Galicia e unha mesa redonda sobre a educación dende as diversidades. Xa o mércores 22 os relatorios completaranse coa asistencia a uns obradoiros de teatro social, contacontos e radiodifusión e alfabetización mediática. Campaña mundial A Campaña Mundial pola Educación é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos da contorna educativa, centros escolares e movementos sociais que coinciden en reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos do Cumio de Dakar (Senegal) de 2000 no que a comunidade internacional se comprometeu a garantir o acceso a unha educación de calidade para todos e todas antes do ano 2015.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.04.2015.