Performance ‘Mujer de Dios’ de Mery Pais no Obradoiro

Enmarcada no programa da exposición ‘Máis alá do estereotipo’, a artista Mary Pais representará este martes 16, ás 20:00 horas na Praza do Obradoiro, a performance ‘Mujer de Dios’.
Trátase dunha peza inédita creada para esta cita compostelán que traballa na liña, sempre impáctante e transgresora, a que nos ten acostumados nas súas performances Mery Pais.
A mostra ‘Máis alá do estereotipo’ á que pertence esta acción pode visitarse ata o 26 de abril na Igrexa da Universidade.