Pasar al contenido principal

Charla coloquio sobre o centro público EPA do cárcere de Monterroso na Facultade de Formación do Profesorado

A sesión, que contará como relatores con Pedro Cantero, Víctor Fraga e Elena Fresno, desenvolverase a partir das 16.00 horas no salón de actos do centro universitario

A Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo da USC acollerá este xoves, a partir das 16.00 horas, unha charla-coloquio sobre o centro público de formación de adultos (EPA) do cárcere de Monterroso.

A sesión, organizada polo equipo de coordinación xeral do Prácticum para presentar ao alumnado de terceiro curso do grao en Mestre/a de Educación Primaria o traballo que se realiza neste tipo de aulas, a fin de ampliar os seus coñecementos e estimular a realización da fase de estadía do Prácticum nestes espazos, desenvolverase no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado. O director do centro público de Educación de Persoas Adultas do cárcere de Monterroso, Pedro Cantero; Víctor Fraga, ex director do citado centro penal, e Elena Fresno, alumna de último curso do grao de Mestre en Educación Primaria, conforman o elenco de relatores que intervirán neste foro.

Na súa intervención neste coloquio, os relatores convidados informarán sobre o estudos que se realizan no centro penal de Monterroso, ao tempo que falarán do profesorado que imparte docencia e tamén das características do alumnado. A reinserción e a importancia das actividades educativas e de formación que se desenvolven no cárcere e a experiencia vivida por Elena Fresno durante a fase de estadía do Prácticum II na EPA do centro penal de Monterroso, centrarán a temática das distintas exposicións previstas e darán pé a un posterior coloquio co público.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.04.2015.