O reitor da USC preside este xoves o acto de toma de posesión do profesor Martínez Ageitos como decano da Facultade de Ciencias
O reitor da USC, Juan Manuel Viaño Rey, presidirá este xoves, na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, o acto académico de toma de posesión do profesor José Manuel Martínez Ageitos como decano da Facultade de Ciencias do campus de Lugo.
A sesión protocolaria de investidura desenvolverase a partir das 13.30 horas, no marco dunha cerimonia á que asistirán os vicerreitores de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro, e Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, así como Olga Díaz Rubio e Antonio Rumbo Gómez, que repiten nos cargos orgánicos de vicedecana e secretario da Facultade de Ciencias, entre outros membros da comunidade universitaria.