Pasar al contenido principal

A feira de emprego Excellence Job Fair tende pontes entre a contorna laboral e a comunidade universitaria

O reitor presidiu a inauguración da feira nun acto en Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Servimav-USC
O reitor presidiu a inauguración da feira nun acto en Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Servimav-USC

O reitor Juan Viaño inaugurou este venres 24 a feira de emprego Excellence Jor Fair 2015 reivindicando a Universidade como canteira de talento e o compromiso da institución coa busca de iniciativas que axuden a que todo ese talento atope o seu camiño no mundo laboral. No Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, o reitor dixo que empresas e universidade comparten retos complementarios, nós temos o obxectivo permanente de formar os mellores expedientes, pero tamén os mellores traballadores e traballadoras, máis completos, mellor preparados e máis comprometidos laboral e socialmente”. Pola banda das empresas, Viaño apuntou como obxectivo a oferta de “traballos dignos e de calidade que permitan seguir crecendo e formándose, así como garantir o seu futuro”. A Excellence Job Fair 2015 é unha feira de emprego que organiza a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais coa Área de Orientación Laboral e a asociación AIESEC na que participan preto de 20 empresas e institucións. Entre as actividades deste evento de emprego figuran distintos obradoiros e mesas redondas con empresas como Adecco, R, Garrigues, Deloitte, E&Y, KPMG, PWC, Everis ou Manpower. Este evento conta co financiamento da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social.

Na sesión inaugural, xunto ao reitor tamén participaron a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López; o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato; a decana da Facultade, Emilia Vázquez Rozas; e os organizadores da actividade Emilio Froján Fernández e José Martínez Fernández.

Na feira celébranse obradoiros e mesas redondas coa participación de diversas empresas. Foto: Servimav-USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2015.