Pasar al contenido principal

Miguel Taín imparte unha conferencia en Alemaña sobre o Camiño de Santiago

O profesor Miguel Taín, actualmente nunha estadía no departamento de Historia da Arquitectura da Universidade BTU de Brandenburg-Cottbus, impartirá nesta universidade alemá un conferencia sobre o Camiño de Santiago. A intervención do docente da USC leva por título ‘O Camiño de Santiago e a súa designación como Primeiro Itinerario Cultura da Unión Europea (1987) e Patrimonio da Humanidade na Unesco (1993)’ e celebrarase este martes 28. Nesta intervención, Miguel Taín aludirá ao Camiño de Santiago como o conxunto de rutas que os peregrinos percorren en busca de “beneficios espirituais, sociais e culturais”, o que testemuña “o riquísimo patrimonio histórico e artísticos que se ten conservado ata a actualidade en cidades, vilas e santuarios ao longo das diferentes rutas”. O docente da Facultade de Xeografía e Historia referirase especificamente aos especiais valores do Camiño Francés, “a ruta máis transitada e con maior volume de patrimonio conservado”, e particularmente aos motivos polas que foi declarada Primeiro Itinerario Cultura Europeo e Patrimonio da Humanidades. Na súa estadía en Alemaña, o profesor Taín desenvolve un proxecto de investigación para localizar, clasificar e estudar todas as imaxes da catedral de Santiago de Compostela creadas por pintores, debuxantes e gravadores de diferentes países dende a Idade Media ata a aparición da fotografía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.04.2015.