Pasar al contenido principal

Inauguración do I Workshop Internacional en Consumo e Produción Sostible

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC acubillará este martes, ás 9.30 horas, a inauguración do I Workshop Internacional en Consumo e Produción Sostible, un foro organizado pola Rede de Investigación para a Xestión Sostible da Empresa Agroalimentaria (Igsea) que citará a diversos relatores internacionais no campus de Lugo durante os días 17 e 18 de marzo.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a decana da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Begoña Barreiro; a subdirectora de Relacións Exteriores e Calidade, Ana Isabel García Arias, e a coordinadora da Rede Igsea, Belén Bande, intervirán no acto de apertura institucional deste workshop, a través do que os seus organizadores pretenden contribuír a crear coñecemento sobre modelos de consumo e produción sostibles desde unha perspectiva multidisciplinar.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.03.2015.