Pasar al contenido principal

Un relatorio de Pablo Sánchez e un concerto de Ignacio Martínez abren o ciclo ‘MIHLSons XXI’ na Casa do Saber

O pianista Juan Ignacio Martínez, nunha imaxe de arquivo
O pianista Juan Ignacio Martínez, nunha imaxe de arquivo
A sesión de apertura do III Ciclo de Música Contemporánea de Lugo comezará ás 20.00 horas e a asistencia e libre e de balde para todas as persoas interesadas

Un relatorio do profesor da Facultade de Veterinaria e estudoso musical Pablo Sánchez Quinteiro e un concerto do pianista e profesor do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, Juan Ignacio Martínez, abrirán este martes, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo o III Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons XXI.

Pablo Sánchez Quinteiro ofrecerá un relatorio baixo o título ‘O camiño á modernidade’, no que guiará ao público asistente por unha viaxe musical durante o primeiro terzo do século XX. Ao remate do primeiro dos relatorios incluídos neste ciclo, Juan Ignacio Martínez Pardo, pianista e profesor do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, ofrecerá no mesmo escenario o concerto ‘ Máis aló da tonalidade’, cuxo programa inclúe composicións de Mahler, Liszt, Debussy, Schönberg e Webern.

O III Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons XXI, un programa promovido polo Concello de Lugo en colaboración coa USC e cos conservatorios profesionais de Música e Danza, entre outras institucións e entidades, e cuxa dirección artística recae no músico percusionista Diego Ventoso, terá continuidade nas vindeiras semanas con distintas sesións que conxugan a dimensión didáctica coa artística e nas que se presta especial atención ao público adolescente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.03.2015.