Pasar al contenido principal

Preséntase na USC o libro Psicología Social

Máis de 40 especialistas de universidades españolas e americanas abordan no libro Psicología Social, daautoría dos catedráticos José Manuel Sabucedo e José Francísco Morales Domínguez, as claves do comportamento humano, dende a psicoloxía como ciencia da persoa e da sociedade á psicoloxía social aplicada. O volume preséntase este martes 17 ás 19.30 horas na sala de xuntas da Facultade de Psicoloxía nun acto no que ademais dos autores participarán a decana da Facultade de Psicoloxía, Socorro Rodríguez Holguín; o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa; e o profesor de Ciencias Políticas Xosé Luís Barreiro Rivas. Editada pola Editorial Médica Panamericana, pretende ser unha obra de referencia da Psicoloxía Social en España e América Latina. Nos seus 23 capítulos trata os procesos psicosociais básicos (neurociencia social, cognición social ou emocións) así como cuestións e problemas de grande impacto social (cambio de actitudes, influencia, agresión e violencia, liderado, conflito intergrupal, prexuízo, estigma, estereotipos, comportamento colectivo ou medios de comunicación). Ademais, o libro conta con material complementario co que se pode pór en práctica o coñecemento adquirido en avaliar os resultados. Os autores

José Manuel Sabucedo é catedrático de Psicoloxía Social da USC e presidente da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social, ademais de membro do consello de gobierno da International Society of Political Psychology e editor da revista International Journal of Social Psychology. Pola súa banda, José Francísco Morales é catedrático do departamento de Psicoloxía Social e das Organizacións da UNED.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.03.2015.