Pasar al contenido principal

O CERGI aborda nunha mesa redonda a relación entre responsabilidade social empresarial e os consumidores como grupos de interese

De esquerda a dereita Antonio Cortés, Patricia Reverter, Luis Míguez, María Coutinho, Pablo Martín e Anxo Queiruga
De esquerda a dereita Antonio Cortés, Patricia Reverter, Luis Míguez, María Coutinho, Pablo Martín e Anxo Queiruga

A responsabilidade social empresarial e os consumidores como grupos de interese foi o lema dunha mesa redonda celebrada na Facultade de Dereito e organizada polo Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC (CERGI) e a Rede Universitaria Empresa e Administración dentro das actividades do curso de Integración Europea e Dereito Privado do módulo Jean Monnet. Presentada polo decano da Facultade, Luís Míguez Macho, na mesa interviñeron a subdirectora xeral de Traballo da Xunta de Galicia, María Coutinho Villanueva; Patricia Reverter Guillot, de KPMG España; Pablo Martín, de Corresponsables; Antonio Cortés, de Gadis; e o presidente de Cogami, Anxo Queiruga. A mesa abordou a relación entre consumidores e responsabilidade social (RS), partindo da hipótese de que os consumidores teñen unha actitude máis favorables fronte aquelas empresas e produtos considerados responsables, “o que evidencia a súa crecente relevancia como grupo de interese”, sinalan os promotores do encontro. María Coutinho destacou a importancia de que as empresas aposten pola RS pola súa incidencia nos seus consumidores directos e na cidadanía en xeral. Neste senso, anunciou a inminente exposición pública do borrador da nova Estratexia Galega de Responsabilidade Social para favorecer a participación de todas as persoas interesadas. No relativo ás novas tendencias en responsabilidade social, Patricia Reverter avogou por superar a actual concepción do ‘reporting’ corporativo para ir máis alá dos datos relativos aos ratios financeiros e chegar a explicar cal é a capacidade de creación de valor no longo prazo. Pola súa banda, Pablo Martín referiuse á próxima publicación da nova Estratexia Europea de Responsabilidade Social e ao papel dos medios de comunicación como difusores proactivos da RS, mentres que os representantes de Gadis e COGAMI expuxeron cómo desenvolven a RS.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.03.2015.