Acto de imposición de insignias á promoción 2014 de enxeñeiros técnicos industriais de Galicia
O Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais celebrará este venres 26 de xuño, a partir das 19.00 horas, no salón de actos da Facultade de Ciencias do campus de Lugo, o acto de imposición de insignias á promoción 2014 de enxeñeiros técnicos industriais titulados en Galicia.
O reitor da USC, Juan Viaño Rey, presidirá este acto, ao que está prevista a asistencia de máis de 60 estudantes titulados en distintas ramas da enxeñaría industrial nos distintos centros dependentes das tres universidades galegas, e no marco do que o enxeñeiro técnico industrial Julio Fernández Robles ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Estratexias para vivir nun entorno profesional competitivo”. O presidente do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, Santiago Gómez-Randulfe Álvarez; o decano da Facultade de Ciencias da USC, José Manuel Martínez Ageitos; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e un representante da Deputación Provincial de Lugo, tamén participarán neste acto académico, durante o que se entregarán insignias a todas as persoas tituladas en Galicia da promoción 2014, ao tempo que se distinguirá cunha placa honorífica aos mellores expedientes de cada titulación en cada un dos centros universitarios nos que se imparten estudos de enxeñaría industrial.