Pasar al contenido principal

A USC aborda nun curso de verán de Lugo a empresa familiar ante a crise económica

Cartaz da programación da Universidade de Verán 2015 da USC
Cartaz da programación da Universidade de Verán 2015 da USC

A USC analiza nun curso de verán en Lugo a empresa familiar e as súas potencialidades para dar resposta e superar a actual situación de crise económica. O programa ‘A empresa familiar: resposta á crise económica’ preséntase como un foro de debate e reflexión sobre que están facendo e que poden facer no futuro as empresas familiares para superar os retos que suscita a actual crise económica e financeira global. O prazo de inscrición neste seminario da Universidade de Verán 2015 da USC permanecerá aberto ata o 10 de xullo.

Dirixido pola profesora da USC Begoña Barreiro Fernández, este curso da Universidade de Verán 2015 da USC que conta con financiamento da Cátedra de Empresa Familiar da USC ofrece un máximo de 20 prazas. A maioría das sesións incluídas neste programa, que se desenvolverá do 21 ao 23 de xullo terán como sede o salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, aínda que tamén se farán visitas a empresas. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a decana da Facultade de Ade e directora do curso, Begoña Barreiro, e o presidente da Asociación Galega de Empresa Familiar, Emilio Pérez Nieto, participarán o 21 de xullo no acto de apertura deste curso, unha sesión trala que o Secretario Xeral de Universidades, José Díez de Castro, abrirá a quenda de relatorios con dúas sesións nas que abordará o concepto de empresa familiar e as súas diferenzas respecto das empresas tradicionais. A sucesión da empresa familiar, o tratamento dos conflitos e os valores que se atribúen a este tipo de empresa serán outros dos temas sobre os que versen os diferentes relatorios programados neste curso de verán da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.06.2015.