Pasar al contenido principal

Preséntase o número 12 da revista Quintana

O Departamento de Historia da Arte da USC presenta este martes 3 o número 12 da revista Quintana ás 12.00 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia. Intervirán o director da revista, Alfredo Vigo Trasancos; o decano da Facultade, Juan Manuel Monterroso Montero; o director do departamento de Historia da Arte, Enrique Fernández Castiñeiras; e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Luis Blanco Valdés. O novo número, monográfico sobre a cuestión ‘Arredor da mirada’, inclúe artigos sobre materias tan variadas como os conxuntos históricos de Galicia, o santuario da Escravitude de Cruces, A Coruña como cidade de veraneo nos anos 30, a historia da vivenda mexicana, a XVIII bienal de Sidney ou Nantes como a cidade portuaria idealizada polo cineasta Jacques Demy. Recoñecidas bases de datos Quintana é unha das revistas máis valoradas da súa especialidade, como o mostra a súa inclusión en 21 bases de datos nacionais e estranxeiras e, recentemente, no SCImago Journal & Country Rank (SJR) e no European Reference Index for the Humanities (ERIH) da European Science Foundation.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.03.2015.