Pasar al contenido principal

O reitor preside na Facultade de Bioloxía a xornada inaugural do Ano Internacional dos Solos na USC

O reitor Juan Viaño presidirá este mércores 4 a xornada inaugural na USC do Ano Internacional dos Solos 2015 que se celebrará na Aula Magna da Facultade de Bioloxía a partir das 13.00 horas. Tamén está previsto que interveñan o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto; o decano da Facultade de Bioloxía, Antonio Segura Iglesias; a presidenta da delegación de Galicia da Sociedade Española da Ciencia da Solo (SECS), Montserrat Díaz Raviña; a directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, Carmen Trasar Cepeda; a directora do Museo de Historia Natural da USC, Mª Isabel Fraga Vila; e o director do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, Eduardo García-Rodeja Gayoso. Con anterioridade ao acto académico, a partir das 12.00 horas José Antonio Vega, do Centro de Investigación Forestais de Lourizán, pronunciará a conferencia ‘A conservación do solo, clave da xestión forestal sostible de Galicia’. Con posterioridade á sesión protocolaria, celebrarase a inauguración da exposición itinerante na que a SECS propón un achegamento a relación entre ‘Los Suelos y la Biodiversidad Forestal’ e que se poderá visitar na sede do Museo de Historia Natural. A conmemoración do Ano Internacional dos Solos 2015 é unha iniciativa a prol da plena concienciación da sociedade e a quen ten a responsabilidade na toma de decisións sobre a importancia do solo para a vida humana, ao tempo que educar ao público sobre o papel que desempeña o solo na seguridade alimentaria, a adaptación e a mitigación do cambio climático, os servizos ecosistémicos esenciais, a mitigación da pobreza e o desenvolvemento sostible, entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.03.2015.