Pasar al contenido principal

De cómo as mulleres construíron a democracia

De cómo as mulleres construíron a democracia
De cómo as mulleres construíron a democracia
Unha xornada analiza este mércores, coa participación da ex deputada Nona Inés Vilariño, o determinante papel das mulleres na política española

A Oficina de Igualdade de Xénero da USC organiza para este mércores 4 unha xornada aberta sobre as mulleres na política na que, en concreto, se analizará o seu papel na lexislatura constituínte de 1977. Proxectarase o documental Las Constituyentes de Oliva Acosta tras o que terá lugar un debate coa por aquel entón deputada pola Coruña ‘Nona’ Inés Vilariño Salgado, unha das 27 protagonistas do audiovisual que se presentou ás eleccións da primeira lexislatura como independente na lista de UCD. A xornada ‘Mulleres na política. Construíndo a democracia. O papel das mulleres na lexislatura constituínte de 1977’ desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais a partir das 11.15 horas. Na inauguración participarán a adxunta á Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, María del Carmen Segura Iglesias; a decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, María Antonia Arias Fernández; e a profesora de Ciencias Políticas Isabel Diz Otero. Las Constituyentes Documental sobre as 27 mulleres, deputadas e senadoras, que desde o seu traballo parlamentario na lexislatura constituínte de 1977 foron protagonistas do cambio político cara á democracia en España. A través da experiencia persoal destas pioneiras, nárrase unha parte apaixonante da historia da participación política das mulleres en España e analízase a situación actual, xa que o documental recolle tamén o encontro entre deputadas e políticas actuais con algunhas das mulleres constituíntes, nun intenso debate. Un traballo audiovisual inédito que desborda actualidade.

Estas mulleres accederon ao Congreso e Senado español tras o período franquista, nas eleccións democráticas do 15 de Xuño de 1977, e participaron na elaboración da constitución española de 1978, defendendo activamente a igualdade de dereitos entre homes e mulleres na sociedade española.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.03.2015.