Pasar al contenido principal

O proxecto 'La expresión de las emociones en la lírica románica medieval' presenta os seus resultados nun coloquio internacional

O proxecto 'La expresión de las emociones en la lírica románica medieval' presenta os seus resultados nun coloquio internacional
O proxecto 'La expresión de las emociones en la lírica románica medieval' presenta os seus resultados nun coloquio internacional
Desenvólvese ata o xoves na Facultade de Filoloxía

Con motivo da presentación en maio de 2011 da versión electrónica conxunta das bases de datos Trobadors, Trouveors, Trobadores e LirIO, que recollen os corpora correspondentes ás catro grandes tradicións líricas medievais en lingua románica, deuse a coñecer un proxecto que iniciaba a súa andaina baixo o título Il lessico delle emozioni nella lirica europea medievale e un nuovo database, coordinado polo profesor Roberto Antonelli, coa colaboración de Rocco Distilo, Paolo Canettieri, Mercedes Brea e Lino Leonardi, responsables, respectivamente, de cada unha das devanditas bases de datos. Para levar a cabo o estudo do corpus lírico profano galego-portugués, o grupo Románicas (Filoloxía, Literatura medieval) da USC solicitou o proxecto 'La expresión de las emociones en la lírica románica medieval' no que xuntou un equipo de investigadores/as de distintas universidades españolas e europeas. Na fase final do proxecto desenvólvese estes días en Filoloxía un coloquio internacional para dar a coñecer os principais resultados do equipo da USC e dos outros tres grupos que comparten os obxectivos comúns. O encontro inaugurouse este martes nun acto que contou coa presenza da decana da Facultade de Filoloxía, María José López Couso; do director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco A. Cidrás Escáneo; e dos docentes Mercedes Brea e Miguel Á. Pousada, membros do comité organizador. Entre os conferenciantes da xornada figuran Roberto Antonelli, da Università degli Studi di Roma La Sapienza; Rocco Distilo, da Università della Calabria; Roberto Rea, da Università degli Studi di Roma Tor Vergata; Carmen F. Blanco Valdés, da Universidade de Córdoba; e Elvira Fidalgo e Ana M. Domínguez Ferro, da USC. Presentan as sesións Santiago López-Morás e Isabel González, da Universidade compostelá.

O evento vincúlase ás actividades da Rede de Estudos medievais interdisciplinares subvencionada pola Xunta de Galicia con fondos FEDER. Proponse, ademais, como Actividade Formativa do Programa de Doutoramento en Estudos Medievais da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.03.2015.