Pasar al contenido principal

A xestión sostible do capital humano e a mellora do benestar do consumidor, temas de análise nun workshop da Rede Igsea

Xestión eficaz dos recursos humanos e sostibilidade e a mellora do benestar do consumidor centrarán dúas das temática que abordará a Rede de Investigación para a Xestión Sostible da Empresa Agroalimentaria (Igsea) no marco do Workshop Internacional en Consumo e Produción Sostible que se desenvolverá os días 17 e 18 de marzo na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo da USC.

Esta xornada, promovida pola Rede Igsea da USC coa pretensión de contribuír a crear coñecemento sobre modelos de consumo e de produción sostible desde unha perspectiva multidisciplinar, está estruturada en diversos seminarios e foros de traballo, nos que participarán como relatores profesores e investigadores de contrastado prestixio internacional. As temáticas de análise e debate nas distintas sesións de traballo programadas son tamén diversas e abranguen desde a xestión eficaz de recursos humanos, cadeas de subministro e relacións entre organizacións, conservación de recursos hídricos, a felicidade do consumidor ou o presente e o futuro do sector vitivinícola. As persoas que estean interesadas en participar neste workshop da Rede Igsea poden atopar máis información respecto do desenvolvemento desta actividade na páxina web www.igsea.net, onde tamén permanece dispoñible o formulario de inscrición.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.03.2015.