Pasar al contenido principal

Os retos e as oportunidades da industria procesos químicos, a debate no marco dun curso de verán da USC

Cartaz da programación da Universidade de Verán 2015 da USC
Cartaz da programación da Universidade de Verán 2015 da USC

Os retos e as oportunidades que depara a industria de procesos químicos será obxecto de análise e debate no marco dun curso de verán da USC, a través do que se pretende pretende difundir e dar a coñecer a importancia da industria de procesos químicos e as oportunidades do seu fortalecemento a través da investigación e innovación. O prazo de matrícula neste programa da Universidade de Verán 2015 da USC permanecerá aberto ata o 10 de xullo.

Dirixido polos profesores María Isabel Fernández García e Marcelino Maneiro Maneiro, o curso ‘Retos e oportunidades da industria de procesos químicos’, atopa entre os seus obxectivos aproximar a visión das necesidades da industria á universidade, afondar na formación sobre ferramentas de transferencia de coñecemento, así como respecto do coñecemento das convocatorias do Horizonte 2020, ademais de detectar oportunidades de propostas de proxectos conxuntos. Un relatorio sobre a importancia da química na historia económica, a cargo do catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC, Manuel Jaime Barreiro Gil, abrirá o 20 de xullo este seminario estival na Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC, o mesmo escenario que acubillará durante tres xornadas distintas charlas sobre temáticas diversas que van desde a produción de biocarburantes, novos obxectivos no proceso produtivo da industria cementeira, o cometido do laboratorio na industria química, o I+D na mellora da produción e dos produtos, ata as oportunidades de financiamento europeo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.06.2015.