Pasar al contenido principal

O campus de verán Xuvenciencia amosa desde este luns a oferta da USC en Lugo a 120 estudantes preuniversitarios

A terceira edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo, un programa organizado e promovido polo profesorado da sede universitaria luguesa en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación, amosará do 22 ao 26 de xuño a oferta docente e os recursos e servizos de I+D+i do campus de Lugo da USC aos 120 estudantes de ensinanzas preuniversitarias que formalizaron a súa inscrición para participar nun programa promovido polo profesorado da sede universitaria luguesa e que recibiu 170 solicitudes.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, inaugurará este luns, ás 9.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior, a nova edición dun programa, cuxos participantes, en función das súas preferencias, seguirán un itinerario científico técnico ou científico social, e en cuxo desenvolvemento están implicados máis de 90 profesores do campus de Lugo da USC. A deputada provincial delegada da área de Economía, Recadación e Facenda da Deputación Provincial de Lugo, Pilar García Porto; a directora de Investigación e educaBarrié, da Fundación Barrié, María José Mariño Fontela; a profesora na Facultade de Ciencias da USC e coordinadora deste programa, Mercedes Novo, ademais dun representante do Concello de Lugo, tamén intervirán na sesión inaugural deste programa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.06.2015.