Pasar al contenido principal

Seis novos cursos de verán en Santiago e Lugo

Seis novos cursos de verán en Santiago e Lugo
Seis novos cursos de verán en Santiago e Lugo
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2015

A vindeira semana desenvolveranse seis novos cursos de verán da USC, catro deles en Santiago e dous en Lugo, con temáticas tan variadas como o medioambiente, o uso da calculadora, o coaching educativo, a comunicación para a cooperación ou o patrimonio. Luns 22 Ás 9.30 horas do luns na Facultade de Química inaugurarase a oitava edición do curso 'O medioambiente en Galicia: unha visión multidisciplinar' e na que se tratarán en profundidade cuestións como os ríos, o radón, o termalismo, os bosques e as árbores monumentais, a enxeñaría ambiental ou a conservación dos cantís. Ademais, haberá visitas guiadas ao Museo de Historia Natural da USC, á factoría de PSA Peugeot Citroën en Vigo e á Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. Xa ás 10.00 en Ciencias da Educación (Campus Vida) dará comezo a segunda edición do curso ‘ Coaching educativo: estratexias e ferramentas para a educación’, no que se lle achegarán a profesionais en activo e futuros ferramentas e recursos para potenciar as competencias individuais. Martes 23 A xornalista Rosa María Calaf, que traballou por moitas zonas do mundo como correspondente de RTVE durante máis de dúas décadas, e o fotoxornalista Gervasio Sánchez, Premio Nacional de Fotografía 2009, tamén especializado na cobertura de conflitos armados, son dous dos profesionais que intervirán como relatores no curso de verán da USC ‘Reportaxes sen fronteiras: A comunicación como ferramenta para a cooperación, o desenvolvemento e o cambio social’& amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; lt; /a>, un programa dirixido por Xosé A. Neira Cruz que se celebrará do 23 ao 26 de xuño en Fonseca. O cofundador da Fundación por Causa de Investigación e Xornalismo e editor do blog 3.500 Millones en El País, Gonzalo Fanjul, abre o martes ás 10.30 horas este foro cun relatorio baixo o título ‘A información á que a sociedade non pode renunciar’. Tamén o martes ás 10.00 horas en Ciencias da Comunicación dará comezo o curso ‘ Innovación en escenografía virtual avanzada: Aston 3D Suite e Infinity Set de Brainstorm Multimedia’ < /a>, que impartirán dous dos mellores deseñadores de escenografía virtual Brainstorm na actualidade, Miguel Jiménez Moya e Enrique Beneyto. Xoves 25 Na xornada do xoves inauguraranse dous cursos de verán do Campus de Lugo. Na Facultade de Formación do Profesorado o curso 'O uso da calculadora como recurso didáctico para as matemáticas' inaugurarase ás 10.00 horas cun relatorio de Mª Victoria Otero Espinar titulada ‘Hai algún matemático na sala?’. Nel falarase da utilidade das matemáticas para o desenvolvemento adecuado de calquera cidadán na actual sociedade das tecnoloxías da información, facendo fincapé na importancia do bo uso das calculadoras dende idades temperás. Entender que os procesos de patrimonialización, como calquera outro caso de construción social, implican un alto grao de disenso e incluso poden deparar conflitos, e toma en conciencia de que o patrimonio é un xerador de identidades locais, constitúen algúns dos obxectivos do curso de verán Patrimonio e conflitividade, que se desenvolverá os días 25 e 26 de xuño na Facultade de Humanidades. A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, e a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey, inaugurarán o xoves 25, ás 10.00 horas, este seminario estival.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.06.2015.