Pasar al contenido principal

Os mosteiros do Salnés como centros relixiosos e culturais, a estudo nun curso de verán

Os mosteiros do Salnés como centros relixiosos e culturais, a estudo nun curso de verán
Os mosteiros do Salnés como centros relixiosos e culturais, a estudo nun curso de verán

Co título ‘Arte, historia, xeografía e cultura na comarca do Salnés: camiños de espiritualidade’, entre os días 20 e 23 de xullo desenvolverase en Vilanova de Arousa un curso de verán que se centrará no estudo dos mosteiros como importantes centros relixiosos e culturais, que artellaron a vida cotiá en torno a eles, pero sen esquecer outras manifestacións artísticas ou fitos históricos relevantes na comarca. O prazo de matrícula rematará o 10 de xullo. O Salnés foi, ó longo da historia, un lugar de referencia para Galicia. A terra rica e produtiva desta comarca atraeu á poboación que necesitaba dunha organización superior. O mundo relixioso tivo un gran peso na organización da comarca, na que se estableceron diversos mosteiros que crearon una rede de comunicación entre eles e coa capital relixiosa, Santiago de Compostela. O tema central deste ano será o estudo destes O Camiño de Santiago foi un importante medio de comunicación ao longo da historia que repercutiu na vida cotiá de forma inmensurable. As ordes relixiosas establecíanse cerca destas vías de comunicación, ordenando e xestionando o territorio, tamén no Salnés como demostran as diversas construcións monásticas e o alto número de igrexas existentes na Idade Media. Neste curso analizaranse as principais construcións do camiño espiritual do Salnés, así como outros mosteiros importantes da zona conservados ou xa desaparecidos, e o perfil espiritual, importante para comprender mellor as motivacións que movían os relixiosos. Tamén se incluirán estudos históricos e artísticos que mostren o amplo abano de posibilidades culturais da Comarca do Salnés.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.06.2015.