Pasar al contenido principal

O campus de verán Xuvenciencia achega a oferta da USC en Lugo a 120 estudantes procedentes de máis de 30 centros educativos

Participantes no campus de verán Xuvenciencia Lugo
Participantes no campus de verán Xuvenciencia Lugo
A sesión de presentación e unha xincana na Biblioteca Intercentros abren un intenso programa de actividades que se prolongará ata o 26 de xuño no campus lugués

A terceira edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo, un programa organizado e promovido polo profesorado da sede universitaria luguesa en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación, amosará a a oferta docente e os recursos e servizos de I+D+i do campus de Lugo da USC a 120 estudantes de ensinanzas preuniversitarias procedentes de máis de 30 centros educativos das catro provincias galegas e incluso de fóra de Galicia.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a concelleira do Concello de Lugo Carmen Basadre, a deputada provincial delegada da área de Economía, Recadación e Facenda da Deputación Provincial de Lugo, Pilar García Porto, e a profesora na Facultade de Ciencias da USC e coordinadora deste programa, Mercedes Novo, abriron este luns o programa de actividades deste campamento preuniversitario científico, técnico e social no marco dunha sesión inaugural desenvolvida no salón de actos da Escola Politécnica Superior, onde moitos dos rapaces gozaron da súa primeira experiencia universitaria. Ao remate desta sesión de benvida, todos os estudantes escritos participaron nunha xincana na Biblioteca Intercentros do campus. O éxito desta nova edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo pola alta demanda de alumnos, xa que logo de que 170 estudantes solicitaran participar neste programa, os organizadores seleccionaron os candidatos para cubrir as 120 prazas ofertadas. Ademais, a fidelidade amosada por un nutrido grupo de estudantes fixo que os organizadores deste campus de verán da USC optara por habilitar un módulo de expertos ou veteranos, especialmente orientado a este grupo estudantil a fin de ofrecerlles obradoiros e visitas distintas ás que xa completaron en edicións anteriores. Respecto da procedencia dos estudantes, a coordinadora do campus de verán Xuvenciencia Lugo, Mercedes Novo, comentou que a maioría das peticións recibidas corresponden a estudantes que completaron estudos de 4º de ESO e 1º de BAC en centros educativos da provincia de Lugo e do resto de Galicia, aínda que tamén hai persoas interesadas de fóra de Galicia. Un feito que dá idea da diversa da procedencia de estudantes é que arredor de 50 xa se acolleron ao servizo de aloxamento ofertado entre os días 21 e 27 de xuño na residencia universitaria Abeiro da capital lugesa, unha estadía que estará supervisada por técnicos e monitores da A.D.C. Lumieira Lugo. Programa, escenarios e actividades As distintas actividades incluídas no campus de verán Xuvenciencia Lugo desenvolveranse en quenda de mañá e tarde, en horario de 9.30 a 18.00 horas, nas facultades de Ciencias, Humanidades, Administración e Dirección de Empresas, Formación do Profesorado e Veterinaria, así como na Escola Politécnica Superior de Lugo. As visitas aos distintos laboratorios de investigación e servizos do campus de Lugo e a centros colaboradores (Biblioteca, CACTUS, Aula de Produtos Lácteos e laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia), e a realización de actividades prácticas e de talleres relacionados coas titulacións científicas, técnicas e sociais do campus de Lugo centran as actividades programadas polos organizadores do campus en quenda de mañá. Polas tardes, os/as alumnos/as inscritos/as no programa, repartidos en grupos pequenos, desenvolverán, baixo a tutela do profesorado universitario, distintos proxectos científicos ou técnicos a elixir entre máis de 20 propostas no marco dos dous itinerarios deseñados: científico técnico e científico social Proxectos científicos, técnicos a desenvolver O estudantado que tome parte en Xuvenciencia Lugo terá a ocasión de ser protagonista de diversos proxectos científicos, técnicos e sociais que versan sobre áreas de coñecemento moi diversas. Así, as propostas feitas pola USC par este nova edición do campus abranguen un abano temático moi amplo que vai desde a coro, análise clínica, análise de proteínas, animal CSI, separación de proteínas, os científicos das letras, do laboratorio á cociña, un mar de animais, fotosíntese artificial, árbores en tubos de ensaio, introdución á fotografía científica, márketing e desenvolvemento de produtos, modelaxe 3D, narrando historias, prácticas clínicas veterinarias, reaccións químicas e electróns, química computacional, prácticas clínicas veterinarias, efecto invernadoiro ou un mar de animais. Basadre, Bueno, García e Novo, na sesión de apertura no salón de actos da EPS

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.06.2015.