O prazo para o exame Aptis remata o xoves 21
Este xoves 21 remata o prazo para matricularse no exame Aptis que o British Council celebrará na USC en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC o próximo luns 25 e o martes 26. O exame Aptis consiste nunha proba central de gramática e vocabulario combinada con outros elementos como son comprensión lectora, expresión escrita e auditiva ou expresión oral. As persoas interesadas en realizar esta proba de avaliación do nivel de inglés poden solicitar máis información no enderezo de correo electrónico centrodelinguasusc [at] gmail.com (centrodelinguasusc[at]gmail[dot]com) ou en clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es), dende onde lle remitirán a documentación necesaria. As probas de Aptis na USC celebraranse o luns 25 ás 15.00 horas na Aula 1.4 da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais e o martes 26 ás 9.30 e ás 15.00 horas no mesmo lugar. Para cada unha destas quendas estableceuse un límite de 25 prazas por sesión. Cun custe de matrícula de 70 euros, as persoas que formalicen a súa matrícula deben contactar co CLM co obxecto de recibir un código persoal de identificación específico para a proba.