Pasar al contenido principal

Un seminario de Hispona aborda a intervención militar de Portugal na Guerra Civil e a radicalización fascista do estado novo de Salazar

Jorge Sousa, da Universidade de Coimbra, imparte este xoves 28 un seminario sobre a intervención militar de Portugal na Guerra Civil e a radicalización fascista do Estado novo de Salazar entre 1936 e 1939. Esta é unha iniciativa que organiza o grupo de investigación HISPONA (Historia Política e dos Nacionalismos) da USC. Comezará ás 12.00 horas no Seminario de Historia Contemporánea da Facultade de Xeografía e Historia. Jorge Pais de Sousa é autor de varios libros entre os que destaca O Estado Novo de Salazar como um Fascismo de Cátedra (Bolonia, 2009), O Estado Novo de Salazar como um Fascismo Catedrático: Fundamentação Histórica de uma Categoria Política (Ponta Delgada, 2011) e Os Futuristas e a República (Coimbra, 2011).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.05.2015.