Pasar al contenido principal

A promoción de Medicina de 1969 conmemora as súas vodas de ouro

A promoción de Medicina que finalizou os seus estudos en 1969 conmemora esta fin de semana as súas vodas de ouro. A comitiva participará o sábado 11 a partir das 13.00 horas nun acto académico na Facultade de Medicina que presidirá o decano do centro Julián Álvarez Escudero e no que tamén intervirán en representación do profesorado o doutor Sánchez Salorio, e o padriño da promoción, o doutor Noya García. Este acto académico rematará coa colocación dunha placa conmemorativa. Con posterioridade desprazaranse ao Hostal dos Reis Católicos para finalizar coa clausura do encontro.

A comisión organizadora está constituída por Ángel Álvarez Prechous, Joaquina Ferrer Jaureguizar, Luis Folgar Villasenin, José M. Gándara Rey, Elisardo García Iglesias, Javier Jorge Barreiro, Manuela Lema Bouzas e Rita Luaña Outerelo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2019.