Pasar al contenido principal

Investigadores europeos revisan na USC a xurisprudencia dos tribunais supraestatais en materia de dereito do traballo e da seguridade social

Especialistas europeos en Dereito do Traballo e da Seguridade Social reuniranse este xoves 4 e o venres na USC para analizar a xurisprudencia dos tribunais supraestatais nesa materia e cómo as súas decisións poden ter impactos moi diferentes en cada país. Promovido pola USC e a Asociación Española do Dereito do Traballo e da Seguridade Social co apoio da International Society for Labour and Social Security Law (ISLSSL), o encontro terá lugar a partir das 16.00 horas na Facultade de Dereito coa participación de 36 docentes de 14 países seleccionados polas súas correspondentes asociacións estatais. Estarán representados España, Italia, Francia, Polonia, Portugal, Bélxica, Holanda, República Checa, Eslovenia, Romanía, Lituania, Austria, Hungría e Alemaña. Nesta reunión de novos investigadores europeos da ISLSSL, cuxo responsable en Santiago é o profesor José María Miranda Boto, porase ademais en marcha o grupo europeo de Young Scholars de Dereito do Traballo e adiantaranse as claves do Congreso Mundial que terá lugar este ano en setembro en Cidade do Cabo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.06.2015.