Pasar al contenido principal

Estudantes de Educación Social marchan o mércores contra a violencia de xénero

Estudantes de Educación Social marchan o mércores contra a violencia de xénero
Estudantes de Educación Social marchan o mércores contra a violencia de xénero
Chaman á participación de todo o alumnado da USC

Estudantes de Educación Social da USC organizan para este mércores 25 unha marcha contra a violencia de xénero e fan un chamamento á participación de todo o alumnado, que deberá levar vestimenta de cor negra ou tons escuros.

A marcha partirá ás 12.30 horas da Facultade de Ciencias da Educación, no Campus Vida, e percorrerá Psicoloxía, ETSE, Matemáticas, Bioloxía, Relacións Laborais e Farmacia para rematar na Biblioteca Concepción Arenal.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.11.2015.