Pasar al contenido principal

Unha conferencia en Física rememora o centenario da publicación da Teoría Xeral da Relatividade de Einstein

Cen anos despois da publicación da Teoría Xeral da Relatividade de Albert Einstein, o 25 de novembro de 1915, o profesor da Facultade de Física Javier Mas rememora esta efeméride coa conferencia ‘O burato na mazá: 100 anos de Relatividade Xeral’, este mércores 25 ás 20.00 horas na Aula Magna da Facultade de Física.

Esta charla divulgativa súmase á homenaxe internacional que ten lugar este días en diversas institucións académica ao longo do mundo e realizará un repaso das ideas e persoas que protagonizaron “unha aventura científica singular”, como explicará o propio conferenciante. Paralelamente, a conferencia inclúese na programación de actos conmemorativos do Ano Internacional da Luz e está organizada dende a Comisión de Actividades Culturais da Facultade de Física.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.11.2015.