Pasar al contenido principal

Sentida homenaxe ao profesor Juan Antonio Hernández Les da facultade de Ciencias da Comunicación

Os profesores Hueso, González Herrán e Viña Liste, no acto
Os profesores Hueso, González Herrán e Viña Liste, no acto

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC rendeulle hai uns días unha homenaxe póstuma ao que fora profesor Juan Hernández Les nun emotivo acto que presidiu a vicerreitora de Comunicación, Mar Lorenzo Moledo.

No auditorio do centro, familiares, amizades e compañeiros do que fora profesor dende os inicios dos estudos de Xornalismo en Santiago congregáronse para homenaxear a un docente que tiña no cine a súa maior paixón. Tanto é así, que a partir de agora a sección de cine da biblioteca da facultade levará o seu nome. O persoal deste servizo organizou paralelamente unha exposición coas súas obras, con más de 80 entradas no Jacobus da USC e coas películas que utilizaba para as súas clases.

Ademais das intervencións da vicerreitora, o decano da facultade e o seu fillo, o xornalista Hugo Hernández, no acto proxectouse a película Casablanca precedida das palabras de varios profesores da USC. José Manuel González Herrán eloxiou a súa figura e o seu estilo literario, mentres que José María Viña Liste presentou o libro póstumo de Les El libro de las brisas imaginarias. Luis Hueso, encargado de presentar a película, falou da paixión polo cinema de Hernández Les que soubo transmitir ao seu alumnado durante o último cuarto de século, que lembra con especial agarimo as súas leccións sobre o pudor na comunicación ou as clases maxistrais sobre o documental ‘El desencanto’ de Jaime Chávarri.

O profesor Les
Juan Hernández Les (A Coruña, 1949- 1919) doutorouse na Facultade de Xeografía e Historia da USC en 1986 e exerceu como profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense e na de Xornalismo de Santiago.

Exerceu a crítica cinematográfica nas revistas Cinema 2020, Fotogramas, Cambio 16 e Guía del Ocio. É autor de, entre outros, El cine de autor en España 1978); El último austro-húngaro. Conversaciones con Berlanga (1981); El cine de Elías Querejeta (1986), Historia comparada del periodismo en prensa, radio y televisión (1996); Discurso del pudor en la comunicación (1999); Confesiones de un crítico de cine (2002); Cine y literatura. Una metáfora visual (2005); Orson Welles. La dignidad estética (2008); Michael Haneke. La disparidad de lo trágico (2013); Kenji Mizoguchi. El héroe sacrílego (2015); La sombra de una duda (2015) e Condenada belleza del mundo (2016).

Sección de cine da biblioteca da facultade que leva o seu nome

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.05.2019.