Pasar al contenido principal

Acto de entrega de material educativo elaborado por estudantes de Formación do Profesorado á Once

O decano da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo da USC, Francisco Rodríguez Lestegás, e o director da axencia administrativa da Organización Nacional de Cegos de España (ONCE) en Lugo, Roberto Doval Sánchez, participarán este xoves 7 de maio o acto de entrega á ONCE do material didáctico e educativo elaborado polo estudantado do grao de Mestre/a de Educación Primaria no marco das actividades realizadas na materia ‘Dificultades de aprendizaxe e trastornos de desenvolvemento’.

A sesión, que se desenvolverá a partir das 10.00 horas, no salón de actos do centro universitario lugués, servirá tamén para expoñer as maquetas bi e tridimensionais, así como contos táctiles escritos en galego e español utilizando o código Braille. Este material educativo, destinado a nenos e nenas con cegueira e discapacidade visual, foi elaborado polo alumnado da Facultade grazas ao asesoramento prestado por persoal especializado da ONCE.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.05.2015.