Pasar al contenido principal

Preséntase en Historia a obra Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos

Preséntase en Historia a obra Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos
Preséntase en Historia a obra Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos

A Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia acolle este mércores 15 ás 19.00 horas a presentación da obra Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos, partitura editada por AGADIC e Dos Acordes, co patrocinio da Xunta de Galicia, da que son autores Joam Trillo (ed. crítica) e Javier Garbayo (introdución).

Participarán no acto o decano da Facultade anfitrioa, Francisco Durán; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo; os editores Jacobo Sutil e Javier Jurado e os autores. Como novidade, poderanse escoitar algunhas pezas de Nuevos Aires Gallegos, en estrea exclusiva, interpretadas polo propio Andrés Gaos a partir da dixitalización de rexistros antigos.

A edición da partitura forma parte do plan editorial e de actividades que dentro do Ano Gaos organiza a USC a través do grupo Organistrum co apoio do Ministerio de Economía Industria e Competitividad e a Unión Europea e coa colaboración de institucións locais e rexionais como Afundación, os Concellos da Coruña e Santiago, o Consello da Cultura Galega, a CRTVG, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia; as orquestras Real Filharmonía e Sinfónica de Galicia e Amigos da Ópera de Santiago.

A Obra de GAOS Menos coñecido o perfil como pianista de Andrés Gaos, non pode esquecerse que non só era gran intérprete senón tamén experto en arranxos, tanto no piano acompañante das súas magníficas cancións, como das súas pezas para violín.

Nesta ocasión, AGADIC e DOS ACORDES, coa transcrición e revisión de Joam Trillo e a introdución de Javier Garbayo, editan unha das obras referenciais do músico coruñés: Aires Gallegos Op. 22 e Nuevos Aires Gallegos Op. 36. A primeira parte, Aires Gallegos, foi publicada en Bos Aires en 1905, obra dedicada a Julián Aguirre que recibiu boas críticas. En todo caso, sete pezas moi transparentes, escasamente modulantes e de contido esencialmente popular. De feito, como afirma o profesor Garbayo, “púidose seguir a pista dalgunha melodía en recoñecidos autores do Rexurdimento, como Montes ou Veiga, ou algunha outra tomada do Cancionero de Incenga”.

Os Nuevos Aires Gallegos supoñen unha suite de cinco pezas publicada pola revista Música de Madrid en 1917, aínda que é posible que fose escrita uns anos antes. Reeditouse en Bos Aires en 1920, escoitándose aquel mesmo ano en concerto da Sociedade Nacional de Música; aparecendo tamén en Barcelona, en 1929, dentro da revista musical O Bufón. Sen dúbida, esta segunda parte, composta de cinco números, segue o trazado galeguista da primeira, “pero aínda que se repite a procura de repertorio popular, é maior a estilización e o aire académico que logra. Seguen aparecendo recordos dos grandes músicos galegos do XIX pero agora tratados de xeito máis persoal e estilizado”, explica Garbayo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.05.2019.