Pasar al contenido principal

O Ibader da USC promove en Lugo unha xornada sobre a xestión e a conservación da biodiversidade en Parques Nacionais

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
A sesión desenvolverase o 24 de maio, a partir das 17.00 horas, no Pazo de San Marcos e inclúe dous relatorios. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) promove xunto coa Deputación Provincial de Lugo a celebración dunha xornada informativa e de divulgación sobre a xestión a conservación de Parques Nacionais. A sesión, que se se desenvolverá o 24 de maio, a partir das 17.00 horas, no lugués Pazo de San Marcos, contará como relatores cos directores do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas e coa responsable do Parque Nacional Peneda Gerês, no norte de portugal.

A experiencia da xestión da biodiversidade nos Parques Nacionais de Galicia centrará a temática da intervención de José Antonio Fernández Bouzas, mentres que Luisa Jorge abordará na súa exposición algunhas das iniciativas de conservación e xestión de biodiversidade xa desenvolvidas ou en marcha nos Parques Nacionais de Portugal.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.05.2019.