Pasar al contenido principal

John Markoff analiza a historia da democracia moderna nunha conferencia

John Markoff analiza a historia da democracia moderna nunha conferencia
John Markoff analiza a historia da democracia moderna nunha conferencia

O profesor John Markoff, da Universidade estadounidense de Pittsburg, intervirá este martes 12 no ciclo de conferencias ‘Pasados incómodos: guerra, memoria e historia’ que organiza o grupo Histagra. Ás 12:00 horas na Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia ofrecerá o relatorio ‘ Democracia: Cuestións de hoxe e cuestións de sempre’ no que dará unha ollada á historia da democracia moderna desde a época revolucionaria do século XVIII para así tentar entender o papel central de desencanto e de movementos de protesta durante todo este tempo. As investigacións de John Markoff céntranse na historia da democratización como proceso multi-continental a través dos séculos. Os seus estudos van desde a Revolución francesa ata a democratización de América Latina. Na actualidade a súa investigación atende as formas en que os movementos sociais e a democratización están entrelazados, os aspectos transnacionais da democratización incluíndo as implicacións da globalización para o futuro da democracia e como o significado da democracia ten alterado as loitas sociais. No ciclo de conferencias ‘Pasados incómodos: guerra, memoria e historia’ amósanse os últimos estudos referidos á Historia, as ciencias sociais e a economía. Por el pasaron xa investigadores como José Luis Díaz, da UNAM de México); Joan Ramón Resina, da Stanford University de Estados Unidos; Alejandro Alonso, do CUNY de Estados Unidos ou Santos Juliá, da UNED.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.05.2015.