Pasar al contenido principal

Estudantes de Ciencias da Educación reivindican a importancia das ensinanzas artísticas cunha performance en Praterías

Alumnado do cuarto curso do grao en Mestre/a de Educación Primaria, mención Educación Musical, escenificarán este mércores 13 en Santiago unha performance para criticar os recentes cambios na lexislación educativa e propoñer a recuperación do protagonismo da educación artística na escola. O espectáculo de rúa, ao que se sumarán distintos grupos de mozos e mozas da cidade, terá lugar ás 19.00 horas na Praza de Praterías. A actividade desenvólvese no marco da materia Procesos e Proxectos Didácticos de Educación Musical que imparte Cecilia Portela na Facultade de Ciencias da Educación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2015.