Pasar al contenido principal

A Biblioteca Universitaria manterá ata o 19 de xullo os horarios extraordinarios de apertura

Imaxe de arquivo da Biblioteca Concepción Arenal. Foto: RQ
Imaxe de arquivo da Biblioteca Concepción Arenal. Foto: RQ
Na actualidade e ata o 14 de xuño a Concepción Arenal abre 24 horas ao día e a Intercentros de Lugo de 8.30 a 3.00 horas

A Biblioteca Universitaria mantén aberto dende o pasado mes de abril e ata o próximo 19 de xullo o período de apertura en horario extraordinario. Así, as salas de estudo de distintas bibliotecas dos campus de Santiago e Lugo ampliarán os seus períodos de apertura sumándose ás dos propios centros que manterán o seu horario habitual.

Na actualidade e ata o próximo 14 de xuño, a Biblioteca Concepción Arenal en Campus Vida permanece aberta 24 horas ao día e a Intercentros de Lugo manterá os horarios ampliados de 8.30 a 3.00 durante a semana (a partir das 9.00 horas dende o 1 de xuño) e de 10.00 a 3.00 en fins de semana e festivos.

De xeito complementario, entre o 1 de maio e o 9 de xuño, ás anteriores sumaranse a modo de reforzo durante as fins de semana e en festivos a biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a Biblioteca Xeral e a Sala de Lectura da Facultade de Dereito que abrirán de 10.00 a 22.00 horas.

Do 14 de xuño ao 19 de xullo
Neste último período, tanto a Concepción Arenal como a Intercentros abrirán de luns a venres de 9.00 a 3.00 horas e en fin de semana e festivos de 10.00 a 3.00 horas. Na web da Biblioteca Universitaria da USC poderás atopar máis información sobre os distintos horarios de cada centro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.05.2019.